Novas da Federación

  • 10/05/2018 - NECROLÓXICA.

Sentimos comunicar o pasamento de D. Maximiliano García-Salamanca Sánchez, deportista, tirador,  Xuíz-árbitro da modalidade de precisión de categoría internacional, fundador do Club de Tiro Olímpico Precisión Vigo, e Vogal e Presidente do Xurado de Apelación da Federación Galega de Tiro Olímpico durante dúas lexislaturas.  Aos seus familiares e amigos o mais sentido pésame de tódolos os estamentos que compoñen a Federación Galega de Tiro Olímpico, por tan irreparable perda.

  • 21/03/2018 - CALENDARIO E NORMAS COMPETICIÓN 2018 SECCIÓN PRATO DEFITINIVOS.

Xa está colgado na web tanto o calendario completo de competicións, como as correspondentes normas de competición, da sección de prato, xa aprobados pola asamblea.

Podes acceder polo menú da propia sección ou ben en competicións (no caso do calendario por competicións).

  • 16/03/2018 - AVISO PRATO.

Ao coincidir festivos os días 29 e 30 de marzo, como consecuencia da celebración da Semana Santa, o prazo de inscrición para a Tirada Puntuable de Foso Universal, programada para o día 1 de abril, nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Sar, remata o MARTES DIA 27 ás 19.00 horas.

O Vicepresidente de Prato.

  • 02/03/2018 - CALENDARIO E NORMAS COMPETICIÓN 2018 SECCIÓN PRECISIÓN DEFITINIVOS.

Xa está colgado na web tanto o calendario completo de competicións, como as correspondentes normas de competición, da sección de precisión, xa aprobados pola asamblea.

Podes acceder polo menú da propia sección ou ben en competicións (no caso do calendario por competicións).

  • 19/02/2018 - AVISO IMPORTANTE A USUARIOS TIRADORES OU CLUBES CON MAILS CON DOMINIO DE MICROSOFT (Hotmail, Live ou Outlook.com).

Dende fai uns días, estase a producir un problema cos servidores de mail de Microsoft cando se producen envíos dende contas de mail soportadas por varios proveedores de servicios de internet, como é o caso Strato (que é o proveedor de servicios do dominio e das contas da Federación). O problema ven dado porque os servidores de Microsoft están bloqueando tódolos mails enviados ás súas contas de correo. Dende Strato comunicousenos que xa se puxeron en contacto con Microsoft para que éstos solucionasen o problema. Ponse esta información en coñecemento de tiradores ou clubes que utilicen contas de correo soportadas con Microsoft de posibles erros que se poidan producir estos días no envío de mails dende a federación as súas contas de mail (dado que veñen rebotados). Lamentamos as molestias que se poidan ocasionar, totalmente alleas á federación, dado que o problema corresponde a Microsoft solucionalo.

  • 26/01/2018 - CURSO DE XUEZ-ARBITRO DA MODALIDADE DE PRECISIÓN CATEGORÍA NACIONAL.

Os días 20 e 21 do presente mes de xaneiro, celebrouse a fase presencial, do Curso de Xuez-Árbitro da modalidade de precisión de categoría nacional, nas instalacions do Club de Tiro Olímpico Santiago de Compostela, en Bando (Santiago de Compostela), na que participaron 17 alumnos, que xa tiñan a formación de Xuíz-Árbitro de categoría rexional.

O curso foi impartido por D. Juan Rodríguez Milán, Presidente do Comité Nacional de Xuíces Árbitros da Real Federación Española de Tiro Olímpico.

Norabóa a todos eles.

Federación Galega

  • 19/01/2018 - CALENDARIO COMPETICIÓNS PRATO 2018.

Xa está disponible na web o calendario provisioal de competicións da sección de prato. Podes acceder a través da sección de "Competicións" ou da sección de "Prato" no menú da web, ou ben picando aquí. Este calendario pode sufrir revisións períodicas ó longo do tempo

  • 11/01/2018 - CALENDARIO COMPETICIÓNS PRECISIÓN 2018.
Xa está disponible na web o calendario provisioal de competicións da sección de precisión. Podes acceder a través da sección de "Competicións" ou da sección de "Precisión" no menú da web, ou ben picando aquí. Este calendario pode sufrir revisións períodicas ó longo do tempo.
 
  • 01/01/2018 - RECORDATORIO NOTA INFORMATIVA RELATIVA AOS CLUBES E SOCIEDADES DEPORTIVAS
O Diario Oficial de Galicia de data 18 de decembro de 2017, publica Anuncio do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordó de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de entidades Deportivas de Galicia.
A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establece na súa disposición transitoria única a obriga de que todas as entidades deportivas de Galicia adapten os seus estatutos e regulamentos ao disposto nesta lei, no prazo dun ano a partir da súa entrada en vigor.
Para mais información poderá consultar o presente link.
A Secretaria Xeral
 
 

 

  HISTORÍCO DE NOVAS